Blogia
Silviavivian

APLICACIONS WEB 2.0

FIZY

http://fizy.com/

Actualmente, unha das aficcións que máis lle gusta a sociedade é escoitar música, e a partir disto, a Robert Yaris,o 22 de Decembro de 2008, ocorreuselle, crear FIZY. Unha paxina de aplicacións web 2.0 na cal podes buscar todo tipo de música e videos, pero non pra descargala nin nada, senón pra escoitar nun preciso momento a canción que che apeteza, e a pesar de ser turco este buscador ata atopa cancions e videos en galego, en catalan e en euskera en un segundo.

A min pareceume moi bo a verdade porque en canto escribes onome da canción omomento che aparece,podeslle cambiar o idioma, easi usalo xente de moitos lugares distintos, xa que esta dispoñible en 39 idiomas.

Tamén me pareceu moi interesante que se poida subir por exemplo en facebook, e ouras aplicacións, tamén a sua calidade de imaxe, rapidez, e que se poden compartir con amigos poñendo o seu e-mail,e enviando.

Unha curiosidade que me parece interesante e que nesa páxina solo apareceo buscador e o logo de Fizy, e esto e debido a que foi creada para pantallas de movil, e por iso e así. Outro dato importante é que o creador non ten unha carreira Universitaria,e que esta páxina estaentre as 4000, mais visitadas.

A verdade e que é moi bo.

LUNAPIC

LUNAPIC

Lunapic é un sencillo programa editor de imaxes que pertence as aplicacións web 2.0 o cal nos serve, para subir fotos e modificalas, dende poñerlle efectos, animacións, cambiarlle as cores, os fondos, etc...

Eu descubrin este programa na clase de Tics xa que nos utilizamolo pra modificar as diversas fotos que utilizamos parao subir cos artigos do noso blog, e tamen é moi util para uso persoal, a min como me parcía moi interesante mesmo creei un enlace no blog para ter un acceso directo, xa que o uso bastante.

Esta é unha forma cómoda e fácil de modificar as tuas fotos e facerlle gracias aos teus amigos.

Ademais non é complicado usalo xa que a súa barra de ferramentas é moi parecida a de paint, e con usos sencillos, como recortar, dar ou quitar brillo,

Cando rematas a túa tarefa podes gardar a foto, e cambiarlle o formato, para que che ocupe enos, por exemplo jpg, e despois utilizala como outra foto calquera.

You Tube

You Tube

 youtube

You Tube é un sitio web que permite aos usuarios compartir videos dixitales a través de Internet, e permitelle aos músicos novatos darse a coñecer en todo o mundo colgando ahí os seus videos. Pertence a web 2.0 e e foi fundado en febreiro de 2005.

A min personalmente pareceme que é un bo método para que os xovenes poidan divertirse vendo videos orixinais e asi podendo colgar outros graciosos de compañeiros que podemos atopar alí. Mesmo é moi util para os institutos, por exemplo aquí no I.ES García Barbón a maioria dos alumnos de Tics utilizamos You Tube para completar a información dos diferentes artículos que facemos e que posteriormente publicamos, entón é unha forma fácil de atopalos e eficaz.

Pero hai outra cara You Tube un pouco mais negra por asi dicilo, xa que moitos adolescentes colgan videos abusando dos seus compañeiros para burlarse e dañalos, esto é unha cuestión un pouco dificil, xa que non é agradable entrare ver ese tipo de videos. Pero pode ser moi util sempre que se utilice como é debido.

 

WEB 2.0

WEB 2.0
O término "web 2.0"  foi denominado así por Tim O´Reilly en 2004 para referirse a unha segunda xeración na historia da Web basada en comunidades de usuarios e unha gama especial de servicios, como as redes sociais, os blogs, os wikis ou as folcsonomías, que fomentan a colaboración e o intercambio áxil de información entre os ususrios.
En xeral cando mencionamos o térmo Wen 2.0 referímonos a unha serie de aplicacións e páxinas de Internet que utilizan a intelixencia colectiva para proporcionar servicios interactivos na rede dandolle ó usuario o control dos seus actos.
A infraestructura da Web 2.0 é moi complexa e vai evolucionando, pero inclue o software de servidor, redifusión de contidos, navegadores, e varias aplicacións para clientes.
Os protocolos de mensaxes bidireccionais son un dos elementos clave da infraestructura da Web 2.0. Os dous tipos máis importantes son os métodos:
·RESTful
·SOAP
REST indican un tipo de chamada a un servicio web onde o cliente transfire o estado de todas as transacións. SOAP e outros métodos similares dependen do servidor  pra reter a información de estado. En ambos casos o servicio é chamado dende un API. As veces este API está personalizado en función das necesidades específicas do sitio web, pero os APIs dos servicios web estándares(como escribir nun blog) están tamén moi extendidos.
Xeralmente o lenduaxe común destos servicios web é o XML, ainda que tamén pode haber excepcions.