WEB 2.0
O término "web 2.0" foi denominado así por Tim O´Reilly en 2004 para referirse a unha segunda xeración na historia da Web basada en comunidades de usuarios e unha gama especial de servicios, como as redes sociais, os blogs, os wikis ou as folcsonomías, que fomentan a colaboración e o intercambio áxil de información entre os ususrios.
En xeral cando mencionamos o térmo Wen 2.0 referímonos a unha serie de aplicacións e páxinas de Internet que utilizan a intelixencia colectiva para proporcionar servicios interactivos na rede dandolle ó usuario o control dos seus actos.
A infraestructura da Web 2.0 é moi complexa e vai evolucionando, pero inclue o software de servidor, redifusión de contidos, navegadores, e varias aplicacións para clientes.
Os protocolos de mensaxes bidireccionais son un dos elementos clave da infraestructura da Web 2.0. Os dous tipos máis importantes son os métodos:
·RESTful
·SOAP
REST indican un tipo de chamada a un servicio web onde o cliente transfire o estado de todas as transacións. SOAP e outros métodos similares dependen do servidor pra reter a información de estado. En ambos casos o servicio é chamado dende un API. As veces este API está personalizado en función das necesidades específicas do sitio web, pero os APIs dos servicios web estándares(como escribir nun blog) están tamén moi extendidos.
Xeralmente o lenduaxe común destos servicios web é o XML, ainda que tamén pode haber excepcions.
0 comentarios