Blogia
Silviavivian

CURIOSIDADES

"A Enerxía Hidráulica"

Denomínase enerxía hidráulica ou enerxía hídrica, aquela que se obten do aproveitamento das enerxías cinética e potencial da corrente de rios, saltos de auga ou mareas. É un tipo de enerxía verde cando o seu impacto ambiental é mínimo e usa a forza hídrica sen represala en caso contrario é considerada so unha forma de enerxía renovable.                                    Pódese  transformar a moi diferentes escalas, existindo dende fai siglos pequenas explotacións nas que a corrente dun río move un rotor de palas e xera un movemento aplicado, por exemplo, os muiños rurais.

Ten como característica que é renovable, porque non se agota a fonte primaria ó explotala, ademais é limpa porque non se produce na sua explotación substancias contaminantes de ningún tipo.                                                                                      Pero eu creo que pola explotación que se fixo deste recurso fai que non haxa apenas lugares atractivos paradesarrollar novas centrais hidroeléctricas.

 

Acoso por Internet entre escolares adolescentes.

Acoso por Internet entre escolares adolescentes.

Os acoso escolar por internet aumentou moito estes últimos anos entre os xovenes, e a maior parte teñen entre 10 e 14 anos. Segundo este articulo podemos ver como nos din que as escolares adolescentes son as mais acosadoras através de Internet, cousa coa que podo dicir non estou dacordo xa que en todolos sitios podemos ver de todo polas duas partes, por iso non esta ben xeneralizar.

Non so son as adolescentes senon que tamen os adolescentes, ainda que hai moitos casos nos que as acosadoras son mulleres, eu creo que tamen podemos atopar moitos casos que sexa o contrario; e que podemos falar deste tema e dandolle a mesma importancia pero sen poñer as adolescentes como as peores.

E xa que agora saliu unha nova campaña pra intentar parar isto espero que teña o suficiente efecto xa que e un tema de bastante importancia.

"CASTELO DE MONTERREI"

"CASTELO DE MONTERREI"

 

O palacio-fortaleza de Monterrei atópase na provincia de Ourense, comarca de Verin a 72 Km de Ourense. A fortaleza levantase coas influencias dos camiños entre Sanabria e Ourense, cerca do río Támega na zona elevada dun valle, dende onde domina o territorio circundante.                                                                                                                                                      O mais destacado do castelo é, sen dúbida a torre homenaxe, que foi construida no siglo XV, no tempo dos reis Católicos.   A sua planta e cadrada, ten poucos ocos ó exterior. Entrase polo primeiro piso onde se encontra unha ponte levadiza. As suas proporcions son considerables, con muros de grande grosor e grande altura(22,5)

O estado do castelo é bastante bo e está sendo restaurado. Polo seu gran valor o castelo de Monterrei foi convertido en Parador Nacional.                                                                                                                                                                     Actualmente do castelo so se poden visitar as duas torres, e o patio interior(coa iglesia gótica).

Moi cerca do castelo atópanse restos tamén doutra fortificación a Atalaya(1664) e que lle servía de complemento defensivo.

 

 

 

 

 

Manuel Rivas(A Coruña, 1957)

Manuel Rivas(A Coruña, 1957)

<!-- @page { margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } -

Xornalista e escritor de grande éxito dentro e fora das nosas fronteiras, conta cunha extensa obra na que está representada a poesía, a narrativa e os libros de reportaxes.

Deuse a coñecer cunha novela curta destinada ao público xuvenil: “Todo Ben” (1985) seguida dun libro de relatos “Un millón de vacas” (1990); a continuación publica dúas novelas: “Os comedores de patacas” (1990) e “En salvaxe compaña” (1994).

En 1995 consigue un gran éxito co libro de relatos; “¿Qué me queres amor?” Que deu lugar á película “A lingua das bolboretas” a partir da adaptación cinematográfica de dous dos seus relatos. Outra novela súa que tamén foi levada o cine é; “O lapis do carpinteiro” (1998). As últimas obras publicadas son: “A man dos paíños”(2000) e “As chamadas perdidas” (2002).

Manuel Rivas demóstranos nas súas obras o respecto que lle ten a Galicia.

O ENTROIDO

O ENTROIDO

 

·O entriodo comeza co xoves de compadres:

no que despois dunha boa cena os homes saen polas ruas de verin.

·Continua co Domingo de Corredoiro:       

no cal os cigarrons saen a conquistar as ruas de Verín, a praza Maior....e pola tarde hay unha orquesta.

·Mais tarde, continua o xoves de Comadres:

Este día as mulleres van cear todas xuntas e con uns excelentes traxes,animadas por charangas... e despois miles de mulleres e homes disfrazados de Damas, percorren as ruas pra recibir a raiña do carnaval, mais tarde na praza todos escoitan o pregon, e disfrutan dos humoristas que veñen a continuación para amenizar a noite.

·Despois ven o venres de comadreo e compadreo:

Neste día predominan como uniforme a máscara e o capuchon, as bombas marcan o comezo do día que parte dende o barrio de San Lázaro.

·Continuamos co Sábado de Carnaval:

Pola tarde ten lugar o "Bautizo do Cigarron" un acto no que tres novos cigarrons seran vestidos con todolos honores, acompañados da raiña do entroido.

·Seguimos co Domingo de Carnaval:

O día grande do entroido comeza con bombas, seguido da concentración de carrozas, másacaras, e cigarróns no barrio do San Roque. Serán as distintas charangas as encargadas de amenizar o gran desfile que percorrerá as ruas da vila, dende o barrio do San Roque ata a prazas García Barbón. E apartir da tarde: FESTA!!!

·Mais tarde o Luns "fareleiro":

Para seguila tradición este será o dia da farelada, No que todos se enfariñan sen que se salve ninguén. Unha xornada que se completará coa actuación das charangas.

·Seguidamente, ven o Martes de Carnaval:

As 4 da tarde como sempre concéntranse as carrozas, comparsas, máscaras, e cigarróns no barrio do San Roque para que media hora máis tarde de comenzo o Desfile, no que realizarán o mesmo percorrido que o Domingo. Estará amenizado polas distintas charangas así como pola Real Banda de Gaitas de Verín. A festa continuará na praza García Barbón, ata que o corpo aguante!!!

·E finalmente o Domingo de Piñata:

Celebrase a popular comida para carrozas e comparsas, porán o remate final ao entroido do 2009.

 

E RECORDADE QUE XA QUEDA MENOS PARA O ENTROIDO DO 2010!!!!

 

 

VILARDEVÓS

VILARDEVÓS


Ver mapa más grande

 

No sudeste da provincia de Ourense encontrase o Concello de Vilardevós, pertencente á comarca de Verín, é típica a  zona montañosa, destacando o accidente xeográfico da Serra de Penas Ceibes, e ocupa unha superficie de 152,7 kilómetros cuadrados, distribuida en trece parroquias.

A paixase caracterízase por unha sucesión de vales profundos e estreitos, con un clima de matíz continental.

En Vilardevós destacan numerosos monumentos, como igrexas antigas destacando o campanario da igrexa de Berrande, e as bonitas romerias....                                                                                                                                                                      Tamén existen numerosos persoaxes importantes; dende escritores como Eloy luis andré ou Silvio Santiago entre outros, ata músicos como Angel Barxa.


Si a alguén quere mais información pode entrar na páxina web:

www.vilardevos.com