Blogia
Silviavivian

Manuel Rivas(A Coruña, 1957)

Manuel Rivas(A Coruña, 1957)

<!-- @page { margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } -

Xornalista e escritor de grande éxito dentro e fora das nosas fronteiras, conta cunha extensa obra na que está representada a poesía, a narrativa e os libros de reportaxes.

Deuse a coñecer cunha novela curta destinada ao público xuvenil: “Todo Ben” (1985) seguida dun libro de relatos “Un millón de vacas” (1990); a continuación publica dúas novelas: “Os comedores de patacas” (1990) e “En salvaxe compaña” (1994).

En 1995 consigue un gran éxito co libro de relatos; “¿Qué me queres amor?” Que deu lugar á película “A lingua das bolboretas” a partir da adaptación cinematográfica de dous dos seus relatos. Outra novela súa que tamén foi levada o cine é; “O lapis do carpinteiro” (1998). As últimas obras publicadas son: “A man dos paíños”(2000) e “As chamadas perdidas” (2002).

Manuel Rivas demóstranos nas súas obras o respecto que lle ten a Galicia.

0 comentarios