·O entriodo comeza co xoves de compadres:
no que despois dunha boa cena os homes saen polas ruas de verin.
·Continua co Domingo de Corredoiro:
no cal os cigarrons saen a conquistar as ruas de Verín, a praza Maior....e pola tarde hay unha orquesta.
·Mais tarde, continua o xoves de Comadres:
Este día as mulleres van cear todas xuntas e con uns excelentes traxes,animadas por charangas... e despois miles de mulleres e homes disfrazados de Damas, percorren as ruas pra recibir a raiña do carnaval, mais tarde na praza todos escoitan o pregon, e disfrutan dos humoristas que veñen a continuación para amenizar a noite.
·Despois ven o venres de comadreo e compadreo:
Neste día predominan como uniforme a máscara e o capuchon, as bombas marcan o comezo do día que parte dende o barrio de San Lázaro.
·Continuamos co Sábado de Carnaval:
Pola tarde ten lugar o "Bautizo do Cigarron" un acto no que tres novos cigarrons seran vestidos con todolos honores, acompañados da raiña do entroido.
·Seguimos co Domingo de Carnaval:
O día grande do entroido comeza con bombas, seguido da concentración de carrozas, másacaras, e cigarróns no barrio do San Roque. Serán as distintas charangas as encargadas de amenizar o gran desfile que percorrerá as ruas da vila, dende o barrio do San Roque ata a prazas García Barbón. E apartir da tarde: FESTA!!!
·Mais tarde o Luns "fareleiro":
Para seguila tradición este será o dia da farelada, No que todos se enfariñan sen que se salve ninguén. Unha xornada que se completará coa actuación das charangas.
·Seguidamente, ven o Martes de Carnaval:
As 4 da tarde como sempre concéntranse as carrozas, comparsas, máscaras, e cigarróns no barrio do San Roque para que media hora máis tarde de comenzo o Desfile, no que realizarán o mesmo percorrido que o Domingo. Estará amenizado polas distintas charangas así como pola Real Banda de Gaitas de Verín. A festa continuará na praza García Barbón, ata que o corpo aguante!!!
·E finalmente o Domingo de Piñata:
Celebrase a popular comida para carrozas e comparsas, porán o remate final ao entroido do 2009.
E RECORDADE QUE XA QUEDA MENOS PARA O ENTROIDO DO 2010!!!!